viernes, 23 de noviembre de 2012

MORCEGO OU VAMPIRO?

A SEMANA PASADA TIVEMOS UNHA VISITA INESPERADA.
AO ABRIR A VENTÁ,ENTROU UN MORCEGO!.
ANTE O SUSTO INICIAL DOS NENOS,E DESPOIS DE TRANQUILIZALOS(UN VAMPIRO!,VÁINOS CHUPAR O SANGUE!...),ESCONDEUSE DETRÁS DUN CARTEL ,CO QUE ME PEDIRON QUE O AXUDARA A SAIR,E ASÍ FIXEN(AÍNDA NON SEI CÓMO).
CANDO PARARON DE BERRAR,QUEDOU QUIETIÑO E AO BAIXAR AO RECREO E APAGAR AS LUCES,MARCHOU.
SABENDO QUE DE TODA EXPERIENCIA PODEMOS APRENDER ALGO,BUSCAMOS INFORMACIÓN SOBRE OS MORCEGOS  E VAMPIROS,E A PROFE MARÍA DEIXOUNOS UN CONTO QUE LLES ENCANTOU ,E CO QUE DESCUBRIMOS QUE PUIDO SER O QUE LLE PASOU AO NOSO AMIGUIÑO.