martes, 20 de noviembre de 2012

APRENDENDO A RESPIRAR

A PROFESORA ELENA,DE AUDICIÓN E LINGUAXE,PASOU POLA NOSA AULA PARA ENSINARNOS A RESPIRAR MELLOR, E A MODULAR A VOZ.

CUNS SINXELOS EXERCICIOS,OBSERVAMOS COMO COLLEMOS E SOLTAMOS AIRE AO RESPIRAR.

 

 COMPROBAMOS A RELAXACIÓN DO DIAFRAGMA CANDO EXPULSAMOS O AIRE E FACEMOS EXERCICIOS DE RELAXACIÓN DOS MÚSCULOS DA CARA.

FINALMENTE,FIXEMOS UN XOGO  NO QUE TIÑAMOS QUE INSPIRAR,AGUANTAR A RESPIRACIÓN,E EXPIRAR.
INTERESANTES EXERCICIOS PARA AXUDARNOS A MODULAR A VOZ E CONTROLAR O NOSO CORPO.