jueves, 29 de noviembre de 2012

PORQUÉ VOAN OS AVIÓNS?

POIS PARA ELES ESTÁ MOI CLARO( E PARA MIN TAMÉN):PORQUE TEÑEN ÁS.
POR SORTE ESTIVEMOS A RAZOAR UN POUQUIÑO MÁIS,E O EXPERIMENTO QUE NOS TROUXO LUCAS,FOI DE GRAN AXUDA,ADEMÁIS DE MOI DIVERTIDO.
 




APRENDIMOS A FACER AVIÓNS CUNHA PALLA E UNS AROS DE PAPEL.AO REMATAR,FIXEMOS MÁIS ,PERO DOBLANDO PAPEIS,E VOTÁMOLOS A VOAR POLA AULA.





FOI UNHA MAÑÁN MOI ESPECIAL,EXPERIMENTANDO CO AIRE,O PESO,E OS MATERIAIS.

 



























 

lunes, 26 de noviembre de 2012

ARTESANÍA DE OUTONO

NOS ÚLTIMOS DÍAS,SEGUIRON CHEGANDO OBXECTOS DE ARTESANÍA FEITOS CON 
DISTINTOS MATERIAIS.TEMOS MONECOS ELABORADOS CON CASTAÑAS


CON LANDRAS,CON PIÑAS,MILLO...







TAMÉN HAI BISUTERÍA...











E CENTROS DE MESA.







CANTA IMAXINACIÓN A BASE DE OBXECTOS COTIÁNS,QUE PODEMOS RECOLLER NUN PASEO POLO CAMPO!.



 

























viernes, 23 de noviembre de 2012

MORCEGO OU VAMPIRO?

A SEMANA PASADA TIVEMOS UNHA VISITA INESPERADA.
AO ABRIR A VENTÁ,ENTROU UN MORCEGO!.
ANTE O SUSTO INICIAL DOS NENOS,E DESPOIS DE TRANQUILIZALOS(UN VAMPIRO!,VÁINOS CHUPAR O SANGUE!...),ESCONDEUSE DETRÁS DUN CARTEL ,CO QUE ME PEDIRON QUE O AXUDARA A SAIR,E ASÍ FIXEN(AÍNDA NON SEI CÓMO).
CANDO PARARON DE BERRAR,QUEDOU QUIETIÑO E AO BAIXAR AO RECREO E APAGAR AS LUCES,MARCHOU.
SABENDO QUE DE TODA EXPERIENCIA PODEMOS APRENDER ALGO,BUSCAMOS INFORMACIÓN SOBRE OS MORCEGOS  E VAMPIROS,E A PROFE MARÍA DEIXOUNOS UN CONTO QUE LLES ENCANTOU ,E CO QUE DESCUBRIMOS QUE PUIDO SER O QUE LLE PASOU AO NOSO AMIGUIÑO.






martes, 20 de noviembre de 2012

APRENDENDO A RESPIRAR

A PROFESORA ELENA,DE AUDICIÓN E LINGUAXE,PASOU POLA NOSA AULA PARA ENSINARNOS A RESPIRAR MELLOR, E A MODULAR A VOZ.

CUNS SINXELOS EXERCICIOS,OBSERVAMOS COMO COLLEMOS E SOLTAMOS AIRE AO RESPIRAR.

 

 COMPROBAMOS A RELAXACIÓN DO DIAFRAGMA CANDO EXPULSAMOS O AIRE E FACEMOS EXERCICIOS DE RELAXACIÓN DOS MÚSCULOS DA CARA.

FINALMENTE,FIXEMOS UN XOGO  NO QUE TIÑAMOS QUE INSPIRAR,AGUANTAR A RESPIRACIÓN,E EXPIRAR.
INTERESANTES EXERCICIOS PARA AXUDARNOS A MODULAR A VOZ E CONTROLAR O NOSO CORPO.







 

 


 

PORQUÉ SE OXIDA A FROITA?

O EXPERIMENTO DESTA SEMANA  ESTÁ RELACIONADO COS ALIMENTOS E A SÚA CONSERVACIÓN.TODOS SABÍAN QUE CANDO DEIXAMOS UNHA FROITA AO AIRE,PONSE "POCHA"
PAULA PENEDO AXUDOUNOS A DESCUBRIR O PORQUÉ DESTA REACCIÓN. CON TAN SÓ UNS BOTES,ZUME DE LIMÓN E UNHA MAZÁ DESCUBRIMOS COMO  ,AO CONTACTO CO OSÍXENO,PRODÚCESE A OXIDACIÓN,QUE CAMBIA A COR DA MAZÁ.A QUE ESTIVO TAPADA NON SE OXIDA TAN FACILMENTE,E MOITO MENOS A QUE ESTIVO SUMERXIDA NO ZUME DE LIMÓN,GRACIAS AO ÁCIDO ASCÓRBICO. 

GRACIAS PAULA POLA TÚA APORTACIÓN Á AULA!.

UN PESADELO NO MEU ARMARIO

METÉMONOS NESTE CONTO INTENTANDO FUXIR DOS MEDOS NOCTURNOS.
ESTE FERMOSO LIBRO,REEDITADO POLA EDITORIAL KALANDRAKA,LÉVANOS AO CUARTO DUN NENO QUE TEN MONSTROS NO ARMARIO...UN TANTO ESPECIAIS,XA QUE MOITO MEDO NON DAN,EN CANTO OS COÑECE UN POUCO.
ESTE CONTO,NARRADO EN PRIMEIRA PERSOA,TRATA O TEMA DO MEDO DE MANEIRA
IMAXINATIVA E DIVERTIDA E AXUDA AOS PEQUENOS A  ENFRENTARSE AOS SEUS TEMORES.