viernes, 14 de diciembre de 2012

RECITANDOCELSOEMILIO

ESTE MÉRCORES DÍA DOCE DO DOCE, ÁS DOCE HORAS,SUMÁMONOS A UN PROXECTO PROPOSTO POLA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA,PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DO NACEMENTO DO POETA DE CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO.
A IDEA ERA RECITAR Á MESMA HORA EN DIFERENTES CENTROS EDUCATIVOS A POESÍA "DEITADO FRENTE AO MAR".
SEGÚN INFORMARON DENDE A COORDINADORA,Á PROPOSTA SUMÁRONSE 200 COLEXIOS(ENTRE ELES,O NÓSO),E 30000 ALUMNOS/AS.
.ESTIVEMOS A LER NA AULA,OUTRA FERMOSA POESÍA DESTE AUTOR,POR ÍLO COÑECENDO:"CANCIÓN DE BERCE".

Celanova ten un vento
Celanova un vento ten
un vento peleriñante
un vento que vai e ven

un vento que mais que vento
e un teimoso roncón
fungando polos tellados
con grave e tristeiro son

iste vento vagabundo
vai coa lua ven co sol
vai cos mozos ven cos vellos
vai coa neve ven coa flor

vai coas nubes viaxeiras
por camiños de romaxes
vai co pandeiro da chuvia
repinicando paisaxes

de dia vai cos paxaros
e anda a brincar polas hortas
de noite vai cos morcegos
e anda a petar polas portas

meu neno non teñas medo
que este vento e meu amigo
i anque rosma pola rua
non te levara consigo

vento que vas a aventura
non ollas como che aceno
vaite de aquí paseniño
deixa durmir ao meu neno.

 DESPOIS DE COÑECER UN POUCO SOBRE O POETA APRENDIMOS UN PEQUENO FRAGMENTO DE "DEITADO FRENTE AO MAR",E GRABÁMOLO EN VÍDEO PARA XUNTAR ÁS OUTRAS GRABACIÓNS DO RESTO DAS AULAS.