O APALPADOR É UN XIGANTE DE OFICIO CARBOEIRO, QUE VIVE NAS DEVESAS DAS TERRAS DE ANCARES, COUREL E TRIVES. NA NOITE DE NADAL BAIXA ÁS ALDEAS PARA ACHEGARSE AOS NENOS E ÁS NENAS MENTRAS ESTÁN DURMIDOS. COIDADOSAMENTE, APÁLPALLES AS BARRIGAS PARA VER SE ESTÁN BEN MANTIDOS. LOGO DE DESEXARLLES QUE NO VINDEIRO ANO NON PASEN FAME, MARCHA DEIXÁNDOLLES UNHA MOREA DE CASTAÑAS BEN QUENTIÑAS….
EXISTEN NO MERCADO VARIOS CONTOS DO APALPADOR.O ANO PASADO COÑECIMOS O DE LUA SENDE E ALEXANDRE MIGUENS,CON FERMOSAS ILUSTRACIÓNS DE LEANDRO LAMAS,O DESTA SEMANA TAMÉN LLES GUSTOU MOITO,E ADEMÁIS,DÍXONOS UN PAXARIÑO,QUE ANDABA DE VISITA POLAS TERRAS DA MAÍA,E DEBE SER CERTO ,PORQUE APARECERON UNS XOGUETES DE MADEIRA NA ENTRADA DO COLE!.