ANDAMOS NESTES DÍAS,AS PROFES A FALAR DO SAMAÍN,E A RAPAZADA A FALAR DO HALLOWEEN.
EN REALIDADE AS DÚAS TRADICIÓNS TEÑEN A MESMA ORIXE E UN SIGNIFICADO SIMILAR,AÍNDA QUE CADA UNHA CELÉBRASE DE MANEIRA DIFERENTE.
O SAMAÍN É UNHA PALABRA GAÉLICA,E SIGNIFICA A FIN DO VERÁN.PÉNSASE QUE,NA ANTIGA CULTURA CELTA,A NOITE DO 31 DE OUTUBRO ERA UN MOMENTO NO QUE AS ALMAS DOS MORTOS CONVIVÍAN COS VIVOS.PARA AFASTAR ESTAS ÁNIMAS ERRANTES,COLOCABAN NAS CASAS AS CAVEIRAS DOS SEUS INIMIGOS DERROTADOS EN COMBATE,DE AÍ A TRADICIÓN DAS CABAZAS.
ESTA TRADICIÓN EUROPEA FOI LEVADA POLOS EMIGRANTES AS TERRAS DE AMÉRICA,ÓNDE CONVERTEUSE NUNHA TRADICIÓN DO OUTONO,NA QUE A XENTE DISFRÁZASE DE SERES DO OUTRO MUNDO E RELACIONADOS CO MEDO.A RAPAZADA VISITA AS CASAS ,E PREGUNTA:"TRUCO OU TRATO?",QUE VEN SENDO,OU NOS DADES CHUCHES OU METÉMOSVOS UN SUSTO!.
EN FIN,QUE CON TANTA GLOBALIZACIÓN ÁS VOLTAS,ACÁBASE MESTURANDO TODO,MÁIS NÓS,NA AULA,FALAMOS XA DE TODO ISTO,PARA SABER DE ÓNDE VEÑEN AS TRADICIÓNS ,SEXAN PROPIAS OU NON,E TAMÉN POR DISFRUTAR UN POUCO,VIMOS PELIS DE MEDO,CONTOS DE MEDO,CANCIÓNS DE MEDO...E ANIMÁMOSVOS A FACER UNHA CABAZA PARA A NOSA ESPOSICIÓN DO LUNS!.