"Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na
casa da súa noiva Henriqueta.
Levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e ventou…
mentres a familia da noiva, desacougada, non deixaba de mirar o reloxo porque
Ernesto non daba chegado."
Unha divertida historia con ilustracións moi expresivas,que
nos sitúan ao mesmo tempo nos dous ambientes nos que se desenvolve o conto:a
rúa e a casa de Henriqueta.O protagonista,seguindo a máxima do seu avó:"ao
mal tempo boa cara",afronta as dificultades dun tempo de outono,que xa se
nos bota enriba.