miércoles, 31 de octubre de 2012

A CANCIÓN DOS ESQUELETOS

COMO COMENTEI ANTERIORMENTE,ESTIVEMOS A CANTAR CANCIÓNS DE ESQUELETOS E DE SAMAÍN.ESTA XA A COÑECÍAN E APRENDÉRONA ENSEGUIDA.


POR CERTO,RECOMÉNDOVOS TAMÉN UN CORTO DE DISNEY TITULADO:"EL BAILE DE LOS ESQUELETOS"(The Skeleton Dance),UNHA PELÍCULA DO ANO 1929

COMO SE FORMAN OS TORNADOS?

INTERESANTE PREGUNTA A QUE NOS FORMULAMOS O OUTRO DÍA TRALA PROPOSTA DE MANUEL,QUE CHEGOU ESTE LUNS CUN EXPERIMENTO  QUE GUSTOU MOITO.



 CON TAN SÓ DÚAS BOTELLAS DE AUGA,UN POUCO DESTE LÍQUIDO ELEMENTO E ALGO PARA PERFORAR A BOTELLA(PODE SER UN TALADRO),DESCUBRIMOS NA AULA A FORZA DOS TORNADOS.


AXITANDO BEN AS DÚAS BOTELLAS,OBSERVAMOS COMO VAI GOTEANDO DESPACIO A AUGA DUNHA A OUTRA,ATA QUE O AIRE TIRA CON FORZA PRODUCINDO O EFECTO TORNADO.
NON SE APRECIA MOI BEN NAS FOTOS,PERO SAÍU PERFECTO E TODOS PUIDERON OBSERVAR ESTE INTERESANTE FENÓMENO E PROBAR A FACELO.




O SAMAÍN

ANDAMOS NESTES DÍAS,AS PROFES A FALAR DO SAMAÍN,E A RAPAZADA A FALAR DO HALLOWEEN.
EN REALIDADE AS DÚAS TRADICIÓNS TEÑEN A MESMA ORIXE E UN SIGNIFICADO SIMILAR,AÍNDA QUE CADA UNHA CELÉBRASE DE MANEIRA DIFERENTE.
O SAMAÍN É UNHA PALABRA GAÉLICA,E SIGNIFICA A FIN DO VERÁN.PÉNSASE QUE,NA ANTIGA CULTURA CELTA,A NOITE DO 31 DE OUTUBRO ERA UN MOMENTO NO QUE AS ALMAS DOS MORTOS CONVIVÍAN COS VIVOS.PARA AFASTAR ESTAS ÁNIMAS ERRANTES,COLOCABAN NAS CASAS AS CAVEIRAS DOS SEUS INIMIGOS DERROTADOS EN COMBATE,DE AÍ A TRADICIÓN DAS CABAZAS.
ESTA TRADICIÓN EUROPEA FOI LEVADA POLOS EMIGRANTES AS TERRAS DE AMÉRICA,ÓNDE CONVERTEUSE NUNHA TRADICIÓN DO OUTONO,NA QUE A XENTE DISFRÁZASE DE SERES DO OUTRO MUNDO E RELACIONADOS CO MEDO.A RAPAZADA VISITA AS CASAS ,E PREGUNTA:"TRUCO OU TRATO?",QUE VEN SENDO,OU NOS DADES CHUCHES OU METÉMOSVOS UN SUSTO!.

EN FIN,QUE CON TANTA GLOBALIZACIÓN ÁS VOLTAS,ACÁBASE MESTURANDO TODO,MÁIS NÓS,NA AULA,FALAMOS XA DE TODO ISTO,PARA SABER DE ÓNDE VEÑEN AS TRADICIÓNS ,SEXAN PROPIAS OU NON,E TAMÉN POR DISFRUTAR UN POUCO,VIMOS PELIS DE MEDO,CONTOS DE MEDO,CANCIÓNS DE MEDO...E ANIMÁMOSVOS A FACER UNHA CABAZA PARA A NOSA ESPOSICIÓN DO LUNS!.




SENSORIAL

A PROFE MARÍA FIXO O OUTRO DÍA UN INTERESANTE TRABALLO MANIPULATIVO ,FABRICANDO ENGRUDO.
NIN QUE DECIR TEN,QUE O PASARON EN GRANDE EMBADURNÁNDOSE CO INVENTO.
CON ÉL PINTARON DESPOIS, E LOGO DO SECADO, UTILIZÁRONO PARA DISEÑAR BONITAS FOLLAS QUE DECORARON E QUEDARON ASÍ DE BEN.

MÁIS EXPERIMENTOS!

A SEMANA PASADA,FOI PAULA A ENCARGADA DE FACER UNHA INTERESANTE DEMOSTRACIÓN QUE NOS FIXO PENSAR E FALAR DOS SONS E AS VIBRACIÓNS.

 DESPOIS DE COMPROBAR COMO VIBRAN AS NOSAS CORDAS VOCAIS ,PRODUCINDO SONS,PAULA DEMOSTROUNOS ,CON UN TAMBOR E UN POUCO DE SAL,COMO ESTE SE MOVE E SALTA CON CADA GOLPE DA BAQUETA,CANTO MÁIS FORTE É O GOLPE,MÁIS SALTA  O SAL,POLA VIBRACIÓN.


GRACIAS A ESTE EXPERIMENTO, ESTIVEMOS A PROBAR AS NOSAS VOCES E A FALAR DOS DISTINTOS INSTRUMENTOS E A MANEIRA EN QUE PRODUCEN SON.CADA NOVO EXPERIMENTO DÁNOS PÉ PARA FALAR DUN MONTÓN DE COUSAS INTERESANTES.











 

jueves, 18 de octubre de 2012

CANCIÓN : O MERCADO

APRENDIMOS UNHA CANCIÓN SINXELA E MELODIOSA QUE ATOPAMOS BUSCANDO MÚSICA DE OUTONO,PERO PARÁMONOS NESTA PORQUE NOS GUSTOU MÁIS.


SEGUINDO COS CONTOS, DO MESMO AUTOR QUE ESCRIBÍU  HOWARD, HAI  UNHA SIMPÁTICA HISTORIA QUE LIMOS DE PASADA,PERO QUE LLES GUSTOU MOITO:"NON PODEMOS DURMIR",NARRA A TÍPICA SITUACIÓN DO AVÓ QUE LLES CONTA UN CONTO AOS SEUS NETOS ,QUE NON DAN DURMIDO.

A HISTORIA TAN INXENIOSA E CHEA DE AVENTURAS QUE O PACIENTE AVÓ LLES NARRA,TEN O RESULTADO ESPERADO..

 JAMES STEVENSON É MAIS COÑECIDO COMO ILUSTRADOR QUE COMO ESCRITOR,DE LIBROS INFANTÍS.NORMALMENTE USA A NARRACIÓN CON VIÑETAS E TEN CONTOS TAN COÑECIDOS (ADEMÁIS DOS XA CITADOS) COMO:"A NOITE DESPOIS DE REIS","O MÁIS GRANDE E BONITO OVO DE PASCUA" E MONTY".


HOWARD

O CONTO DA SEMANA TITÚLASE:HOWARD(AS AVENTURAS DUN PATO EN N.Y.)

 UN BONITO CONTO DE AMIZADE E COMPAÑERISMO EN FORMA DE FÁBULA ANIMAL.

EXPERIMENTOS

COMEZAMOS O NOSO PROXECTO DE EXPERIMENTOS.O PRIMEIRO FIXOO PEDRO,QUE NOS AXUDOU A PENSAR PORQUÉ FLOTAN OS BARCOS.TRAS FORMULAR VARIAS HIPÓTESIS(PORQUE TEÑEN VELAS,PORQUE SON GRANDES,PORQUE SON DE MADEIRA,PORQUE NA AUGA PÓDESE FLOTAR...),CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE CANDO A AUGA ESTÁ SALGADA,FLÓTASE MELLOR.
IREMOS DESARROLANDO ESTAS EXPERIENCIAS NUNHA FICHA INDIVIDUAL E SEMANAL,QUE RECOLLEREMOS NUN LIBRO DE EXPERIMENTOS.




CUMPLEANOS

COMO XA COMENTAMOS NA REUNIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO,ESTE ANO SUBIREI AO BLOG UN VÍDEO DOS ANIVERSARIOS DE CADA MES,POR ISTO DE VARIAR UN POUQUIÑO.
O PRIMEIRO DO CURSO FOI O DE ALBA,MANUEL E JULIA.PARABÉNS AOS TRES!.

viernes, 5 de octubre de 2012

ERNESTO BO DÍA

Este foi o simpático conto co que abrimos as lecturas dos mércores.


"Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta.
Levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e ventou… mentres a familia da noiva, desacougada, non deixaba de mirar o reloxo porque Ernesto non daba chegado."
Unha divertida historia con ilustracións moi expresivas,que nos sitúan ao mesmo tempo nos dous ambientes nos que se desenvolve o conto:a rúa e a casa de Henriqueta.O protagonista,seguindo a máxima do seu avó:"ao mal tempo boa cara",afronta as dificultades dun tempo de outono,que xa se nos bota enriba.


COMEZOU O CURSO!.

Ola a todos e benvidos ao novo curso 2012-13.Como xa comentamos na reunión,este ano cambiamos algúns materiais de xogo ,espacios,e contos.Estamos introducindo xogos de mesa:parchís,cartas,a oca,en fin,aprendendo regras novas e a xogar en equipo,por parellas,etc..
Comeza o noso blog cunha pequena galería fotográfica dos primeiros momentos compartidos.Saúdos e bó curso para todos!.