lunes, 18 de marzo de 2013

O MÁIS GRANDE E BONITO OVO DE PASCUA

COA  INMINENTE CHEGADA DA PASCUA,PUXÉMONOS A LER ESTE FERMOSO CONTO DE JAMES STEVENSON.
 LOIS E ANA VOLVEN PEDIRLLE AO SEU AVÓ UNHA DAS SÚAS SIMPÁTICAS HISTORIAS E ESTE CÓNTALLES CÓMO FOI BUSCAR UN OVO DE PASCUA PARA A SÚA AMIGA CARLOTA.
 

 AS AVENTURAS DO AVÓ PARA CONSEGUIR ESTE OVO MANTEÑEN ATENTOS AOS SEUS NETOS E TAMÉN A TODOS NA AULA.
 



 A TRADICIÓN DOS OVOS DE PASCUA VARÍA NOS DISTINTOS LUGARES DO MUNDO.

EN ESTADOS UNIDOS ,CENTRO DE EUROPA E INGLATERRA É HABITUAL REGALARSE OVOS DECORADOS. NO DOMINGO DA PASCUA,AS FAMILIAS ESCÓNDENOS
   NO XARDÍN E OS NENOS TEÑEN QUE BUSCALOS .E QUEN OS DEIXOU AÍ?..POIS O COELLO DE PASCUA!.

  EN ESPAÑA É TRADICIÓN QUE OS PADRIÑOS REGALEN AOS SEUS AFILLADOS OVOS DE CHOCOLATE.EN CATALUÑA REGÁLASE A "MONA DE PASCUA",EN FIN, DISTINTAS E RICAS TRADICIÓNS PARA CONMEMORAR ESTES DÍAS.FELIZ PASCUA!