viernes, 25 de enero de 2013

COMO FUNCIONA UN SUBMARINO?


O EXPERIMENTO QUE TROUXO XOSÉ FIXO QUE PENSÁRAMOS EN SUBMARINOS E NO FONDO DO MAR.ESTABA CLARO QUE UN SUBMARINO VAI POR DEBAIXO DA AUGA PORQUE PESA MOITO,AFUNDE E XA ESTÁ.
O PROBLEMA FOI PENSAR CÓMO FAI PARA SUBIR Á SUPERFICIE.

O QUE FOI CAPAZ DE DEMOSTRAR XOSÉ ,FOI QUE ,EN REALIDADE,É O  PESO DA AUGA O QUE FAI POSIBLE QUE O SUBMARINO SE SUMERXA.OS BURATOS DA BOTELLA PERMITIRON ENCHELA DE AUGA FACENDO QUE AFUNDIRA.

A BOTELLA E O GLOBO REPRESENTAN OS DOUS TANQUES QUE COMPOÑEN UN SUBMARINO,NO INTERIOR VAN OS TRIPULANTES E O EXTERIOR,ÉNCHESE OU BALEIRASE DE AUGA PARA SUMERXIRSE OU EMERXER.

AGORA XA SÓ QUEDA A DÚBIDA DE SABER SI SERIAMOS CAPACES DE VIAXAR NUN SUBMARINO,..