sábado, 23 de marzo de 2013

ANIVERSARIOS DO MES DE MARZO

ESTE MES CUMPLIRON 6 ANOS:LUCAS.INÉS E DIEGO.E PARA NON FALTAR Á TRADICIÓN CELEBRÁMOLO CON CHUCHES,TARTA E FESTA ,COA QUE TAMÉN DESPEDIMOS O TRIMESTRE.PARABÉNS!.

CONTACONTOS

ESTA SEMANA RECIBIMOS NO COLEXIO A VISITA DE INACIO VILARIÑO,UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL.
A PARTIR DO CONTO:O BURRO QUE NON SABÍA QUE ERA UN BURRO,REMATAMOS FALANDO DE ONAGROS,LEÓNS E OUTRAS FIERAS E PASANDO UN MOMENTO DIVERTIDO CON ESTE CONTADOR DE HISTORIAS.
 


 


 


 





 


 


 


 

FABRICANDO UNHA BRÚXULA

GABRIELA ENSINOUNOS HAI UNS DÍAS CÓMO FABRICAR UNHA BRÚXULA.
 

 PRIMEIRO FALAMOS DOS PUNTOS CARDINAIS E VIMOS FOTOS DA SÚA REPRESENTACIÓN E DE DISTINTAS BRÚXULAS.


COLLENDO UNHA AGULLA E FROTÁNDOA REPETIDAMENTE NUN IMÁN(NA MESMA DIRECCIÓN)CONSEGUIMOS MAGNETIZALA.DESPOIS PODEMOS COLOCALA SOBRE UN TAPÓN OU UN CORCHO QUE INTRODUCIREMOS NUN RECIPIENTE CON AUGA.
 DESTE XEITO TAN SINXELO TEREMOS A BRÚXULA E PODEMOS BUSCAR XA O NORTE MAGNÉTICO.






lunes, 18 de marzo de 2013

O MÁIS GRANDE E BONITO OVO DE PASCUA

COA  INMINENTE CHEGADA DA PASCUA,PUXÉMONOS A LER ESTE FERMOSO CONTO DE JAMES STEVENSON.
 LOIS E ANA VOLVEN PEDIRLLE AO SEU AVÓ UNHA DAS SÚAS SIMPÁTICAS HISTORIAS E ESTE CÓNTALLES CÓMO FOI BUSCAR UN OVO DE PASCUA PARA A SÚA AMIGA CARLOTA.
 

 AS AVENTURAS DO AVÓ PARA CONSEGUIR ESTE OVO MANTEÑEN ATENTOS AOS SEUS NETOS E TAMÉN A TODOS NA AULA.
 



 A TRADICIÓN DOS OVOS DE PASCUA VARÍA NOS DISTINTOS LUGARES DO MUNDO.

EN ESTADOS UNIDOS ,CENTRO DE EUROPA E INGLATERRA É HABITUAL REGALARSE OVOS DECORADOS. NO DOMINGO DA PASCUA,AS FAMILIAS ESCÓNDENOS
   NO XARDÍN E OS NENOS TEÑEN QUE BUSCALOS .E QUEN OS DEIXOU AÍ?..POIS O COELLO DE PASCUA!.

  EN ESPAÑA É TRADICIÓN QUE OS PADRIÑOS REGALEN AOS SEUS AFILLADOS OVOS DE CHOCOLATE.EN CATALUÑA REGÁLASE A "MONA DE PASCUA",EN FIN, DISTINTAS E RICAS TRADICIÓNS PARA CONMEMORAR ESTES DÍAS.FELIZ PASCUA!
 





 

jueves, 14 de marzo de 2013

TENSIÓN SUPERFICIAL

NUNHA GOTA DE AUGA EXISTE UNHA FORZA INVISIBLE QUE A MANTÉN UNIDA E DÁLLE FORMA REDONDA:A TENSIÓN SUPERFICIAL.
 


PODEMOS OBSERVAR ÁS VECES PEQUENOS INSECTOS SOBRE A SUPERFICIE DA AUGA SEN APENAS TOCALA E SEN AFUNDIR.
CLAUDIA COLOCOU CON MOITO COIDADO ,PEQUENOS OBXECTOS SOBRE A AUGA CONSEGUINDO QUE FLOTARAN.
 
A SUPERFICIE É COMO UNHA FINA PEL QUE SUSTENTA OS OBXECTOS,AO BOTARLLE XEL,RÓMPESE A TENSIÓN SUPERFICIAL E AFUNDEN .
 



 
 
 

VERMES DA SEDA

HAI UNS DÍAS TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL,UNS BICHIÑOS PEQUENOS QUE PODEN FACER GRANDES COUSAS.


       
COÑECIMOS CON TODO DETALLE COMO SE CRIAN OS VERMES DA SEDA E COMO PODEMOS OBTER ESTA PARA A ELABORACIÓN DE DISTINTOS TECIDOS.
 




 ENREDÁMONOS NUN FIO DE SEDA QUE PARECÍA NON TER FIN!.

A ESPOSICIÓN ESTÁ SITUADA NA ENTRADA DO EDIFICIO DE INFANTIL PARA QUEN QUERA VELA.