COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO DE TRABALLO A PARTIR DAS OBRAS DE ARCIMBOLDO.O FEITO DE QUE TRABALLARAN O RETRATO NAS SESIÓNS DE ARTE CON MARTA,FIXO QUE NOS SENTÍRAMOS MÁIS ATRAÍDOS POR ESTA SERIE DE PINTURAS SOBRE AS ESTACIÓNS.
GIUSEPPE ARCIMBOLDO FOI UN PINTOR DO SÉCULO XVI QUE TRABALLOU DUN XEITO MANIERISTA O RETRATO A PARTIR DE ELEMENTOS NATURAIS E ALIMENTOS.
NA AULA FIXEMOS CARAS CON PLASTILINA ATENDENDENDO A ESTOS SUXESTIVOS CADROS.,TIÑAMOS CARAS PARECIDAS A FROITAS E FROITAS ÁS QUE LLES PUXEMOS CARA.O RESULTADO FOI MOI CREATIVO E AO MESMO TEMPO FIXÁMONOS MÁIS NOS DETALLES CANDO OBSERVAMOS UNHA OBRA DE ARTE.