sábado, 31 de marzo de 2012

LOLO ANDA EN BICICLETA

O ÚLTIMO CONTO DO PROXECTO QUE TRABALLAMOS NESTE TRIMESTRE FOI:"LOLO ANDA EN BICICLETA".
LOLO QUERE UNHA BICI,PERO POLO SEU MAL COMPORTAMENTO QUEDA SEN ELA NA NOITE DE REIS.O QUE SE LLE OCORRE É COLLER A DE SEU PAI ,E PRACTICAR CON ELA NO GARAXE.A HABILIDADE QUE CONSEGUE CON ELA E A SÚA DISPOSICIÓN A PORTARSE MELLOR,FAI QUE OS REIS LLO TEÑAN EN CONTA E NO SEGUINTE NADAL CONSIGA O SEU SOÑO.

A PARTIR DESTE CONTO INTRODUCÍMONOS NA SEGURIDADE VIAL.AS NORMAS DE TRÁFICO SON NECESARIAS PARA A  NOSA PROPIA SEGURIDADE.APRENDEMOS SINAIS DE TRÁFICO E CÓMO COMPORTARNOS,TANTO SE SOMOS PEÓNS,COMA SE CIRCULAMOS EN COCHE OU NA BICI.
BUSCANDO EN INTERNET,ATOPAMOS VIDEOS INTERESANTES SOBRE ESTE TEMA.