sábado, 31 de marzo de 2012

ANIVERSARIO

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE DO TRIMESTRE FIXEMOS A FESTA DE CUMPREANOS DE DIEGO,LUCAS E INÉS,QUE CUMPRIRON 5 ANOS.APROVEITAMOS PARA DESPEDIR O TRIMESTRE,DANDO BÓA CONTA DO BISCOITO,CHUCHES,ZUME...E POR SUPOSTO,CANTANDO E BAILANDO!.



LOLO ANDA EN BICICLETA

O ÚLTIMO CONTO DO PROXECTO QUE TRABALLAMOS NESTE TRIMESTRE FOI:"LOLO ANDA EN BICICLETA".
LOLO QUERE UNHA BICI,PERO POLO SEU MAL COMPORTAMENTO QUEDA SEN ELA NA NOITE DE REIS.O QUE SE LLE OCORRE É COLLER A DE SEU PAI ,E PRACTICAR CON ELA NO GARAXE.A HABILIDADE QUE CONSEGUE CON ELA E A SÚA DISPOSICIÓN A PORTARSE MELLOR,FAI QUE OS REIS LLO TEÑAN EN CONTA E NO SEGUINTE NADAL CONSIGA O SEU SOÑO.

A PARTIR DESTE CONTO INTRODUCÍMONOS NA SEGURIDADE VIAL.AS NORMAS DE TRÁFICO SON NECESARIAS PARA A  NOSA PROPIA SEGURIDADE.APRENDEMOS SINAIS DE TRÁFICO E CÓMO COMPORTARNOS,TANTO SE SOMOS PEÓNS,COMA SE CIRCULAMOS EN COCHE OU NA BICI.
BUSCANDO EN INTERNET,ATOPAMOS VIDEOS INTERESANTES SOBRE ESTE TEMA.

PERSONALIZANDO LÁPICES

ESTIVEMOS DECORANDO OS NOVOS LÁPICES,POR ISO DE PERSONALIZALOS,E TAMÉN PARA EVITAR MORDELOS,CHUPALOS E OUTRAS DESFEITAS...QUEDARON MOI BONITOS,CADA UN NO SEU ESTILO!.





lunes, 12 de marzo de 2012

MATRIOSKA

A SEMANA PASADA COÑECIMOS UN CONTO BEN BONITO:MATRIOSKA.
CONTA A HISTORIA DUN ARTESÁN RUSO QUE FAI UNHA MONECA DE MADEIRA COA QUE LEVARÁ UNHA GRATA SORPRESA AO DESCUBRIR QUE FALA ..CLARO QUE O QUE LLE PIDE A MONEQUIÑA AO ARTESÁN,DEIXAO SORPRENDIDO..E A COUSA NON REMATA AÍ!.


ESTE FERMOSO CONTO DE DIMITER INKIOW BASEADO NUNHA LENDA RUSA,CÓNTANOS DE ÓNDE PODE VIR A TRADICIÓN DESTE XOGUETE TAN COÑECIDO.
"MATRIOSKA" OU "MAMUSHKA",É O DIMINUTIVO DE MAMÁ,EN RUSO,E INSPIROUNOS PARA ELABORAR AS NOSAS NA AULA,LOGO DE ESCOLLER ENTRE OS MOITOS MODELOS QUE ATOPAMOS.

lunes, 5 de marzo de 2012

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

E COMO TAMÉN QUEREMOS APRENDER INGLÉS ,NON NOS ASUSTA ESTA VERSIÓN ANIMADA QUE ATOPAMOS E COA QUE XA RECOÑECIMOS ALGUNHAS PALABRAS,COMO OS DÍAS DA SEMANA E ALGÚNS NOMES DE FROITAS.





UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

"Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla. // Un domingo pola mañá, cando o sol comezaba a quentar: PLOP!..., do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira.".
ASÍ DA COMEZO O CONTO DE ERIC CARLE, QUE RELATA A HISTORIA DA EIRUGA PEQUERRECHA QUE,A BASE DE COMER.VAI MEDRANDO,MEDRANDO,E REMATA POR TRANSFORMARSE NUNHA COLORIDA BOLBORETA.
ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES ,ESTAMOS ELABORANDO UNS MONICREQUES PARA REPRESENTAR O CONTO.