lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

HOXE CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA ESCOLAR POLA PAZ,ESTA PALABRA TAN POUCO ,OU MELLOR DITO, TAN MAL UTILIZADA. 
COMO RESULTA SER UN CONCEPTO BASTANTE ABSTRACTO PARA O ALUMNADO TAN MIÚDO,DECIDIMOS CENTRARNOS EN IDEAS BÁSICAS COMO A RELACIÓN ENTRE NÓS NA AULA,E ENTRE NÓS E O MEDIO.
O CURIOSO É QUE AO PREGUNTARLLES POLO SIGNIFICADO DA PALABRA PAZ,NINGUÉN SOUBO RESPONDER,MENTRES QUE AS RESPOSTAS PARA A PALABRA GUERRA FORON:LEVARSE MAL,PELEXAR,TIRAR BOMBAS,MORRE XENTE...EN FIN,DECIDIMOS CENTRARNOS COA LECTURA DE DOUS LIBROS MOI UTILIZADOS NESTES DÍAS:BLANCOS Y NEGROS  E TAMÉN LOS NIÑOS NO QUIEREN LA GUERRA.


A PARTIR DESTAS LECTURAS  A MELLOR CONCLUSIÓN FOI QUE ESTÁ NAS NOSAS MANS QUE AS COUSAS VAIAN BEN OU MAL E QUE SEMPRE HAI UNHA OPORTUNIDADE PARA MELLORAR  DETERMINADAS SITUACIÓNS..POÑER ISTO EN PRÁCTICA SERÁ UN OBXECTIVO PARA O NOSO GRUPO,E SEGURO QUE FARÁ QUE CAMBIEN ALGUNHAS COUSAS QUE NON VAN BEN NA AULA.O ESFORZO SEGURO QUE PAGA A PENA!.
 

viernes, 27 de enero de 2012

CUMPREANOS FELIZ!

HOXE HOUBO MACROFESTA DE ANIVERSARIO,XA QUE OS "MÁIS VELLOS"DA AULA CUMPRIRON NADA MENOS QUE 5 ANOS!.CON TANTO HOMENAXEADO HOUBO MERENDA A FARTAR,NON FALTARON CHUCHES,ZUMES E BISCOITO.PARABÉNS A PAULA,MIGUEL,LUCÍA E ÓSCAR!.

MIRA QUE PASO!

ESTAMOS A TRABALLAR CO CONTO:"MIRA QUE PASO"!.
UNHA NENA OBSERVA OS DISTINTOS XEITOS DE CAMIÑAR QUE TEN A XENTE.

PODERIAMOS ANDAR CADA DÍA DUN XEITO DIFERENTE E DIVERTIDO.
CONVERSAMOS SOBRE OS DISTINTOS TIPOS DE DESPRAZAMENTOS QUE APARECEN NO CONTO E COMPARAMOLOS COS QUE FACEMOS HABITUALMENTE PARA VIR AO COLE,IR AO PARQUE,FACER EXERCICIO..