domingo, 27 de noviembre de 2011

RECOLLENDO FOLLAS

ESTIVEMOS RECOLLENDO FOLLAS DO PARQUE PARA SECAR E PRENSAR E PODER UTILIZALAS PARA TRABALLOS DE PLÁSTICA.
FIXEMOS CORTINAS PEGANDO AS FOLLAS SOBRE CINTA ADHESIVA,MOI SINXELO E CUN RESULTADO MOI BONITO.

martes, 15 de noviembre de 2011

"LLEGÓ EL OTOÑO"

DEIXOVOS UN VIDEO QUE ESTIVEMOS A VER ESTES DÍAS,E QUE ME PEDIRON QUE SUBIRA PARA PODER VELO NA CASA.





ESTIVERON MOI ATENTOS AOS VIOLINS ,QUE MARCAN OS DISTINTOS MOMENTOS.

lunes, 14 de noviembre de 2011

LAURA E COMPAÑÍA COMEN SAN.

LAURA E OS SEUS AMIGOS FANNOS VER O FACIL QUE É MEDRAR E POÑERSE FORTES COMENDO ADECUADAMENTE.


ESTE CONTO, A TRAVÉS DE RIMAS,INTRODUCE OS BÓS HÁBITOS ALIMENTARIOS.
FALAMOS DOS DISTINTOS GRUPOS DE ALIMENTOS E DE COMO INCIDEN NA NÓSA SAÚDE.
ESTAMOS A RECOLLER FOTOS PARA ELABORAR UNHA PIRÁMIDE DE ALIMENTOS E APRENDER CALES SON OS QUE MÁIS NOS BENEFICIAN E DE CALES PODEMOS PRESCINDIR .
SE TEDES TEMPO PODEDES BUSCAR CON ELES ALGÚNS ALIMENTOS PARA RECORTAR  DAS REVISTAS ,CATÁLOGOS DO SÚPER..E TRAELOS Á AULA PARA O NOSO MURAL.

ÁRBORES E MÁIS ÁRBORES..

OBSERVAMOS AS ARBORES E A NATUREZA NO OUTONO E COLLEMOS FOLLAS DO PATIO PARA ELABORAR ADORNOS PARA A AULA.CADA UN TEN O SEU XEITO DE VER AS ÁRBORES QUE NOS RODEAN E DE INTERPRETAR A NATUREZA.
ACOMPAÑÁMONOS DA MÚSICA DE VIVALDI-O OUTONO-QUE ESTIVEMOS A ESCOITAR ESTES DÍAS.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

SAMAÍN

UN ANO MÁIS,FALAMOS DO SAMAÍN E FACEMOS CABAZAS,VAMPIROS E PANTASMAS...POR RIRNOS UN POUCO DO MEDO.

CATARINA,O OSO E PEDRO

COÑECIMOS UNHA NOVA AVENTURA DE CATARINA E O OSO,DESTA VOLTA,ACOMPAÑADOS POLO SEU CURMÁN PEDRO.
NESTE CONTO ÁBRESELLE UNHA PORTA ÁS BARREIRAS.A DISCAPACIDADE DE PEDRO NON CONTA PARA OS TRES AMIGOS QUE BRINCAN,NADAN ,RODAN E PÉRDENSE NUN MUNDO CHEO DE EXPERIENCIAS MARABILLOSAS .
O CONTO ANIMOUNOS A FALAR DAS DIFICULTADES COAS QUE NOS ATOPAMOS ANTE UNHA DISCAPACIDADE FÍSICA,SEXA ESTA TEMPORAL OU NON, E DE COMO PODEN SUPERARSE.

ANIVERSARIO

O VENRES CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE MANUEL.INVITOUNOS A CARAMELOS E A BISCOITO...E COMÍMOLO TODIÑO PORQUE ESTABA MOI RICO!.
GRAZAS MANUEL,E PARABÉNS!.