jueves, 31 de marzo de 2011

CONTOS MUSICADOS

ESTA SEMANA APRENDIMOS DÚAS NOVAS CANCIÓNS ,QUE PERTENCEN A DOUS CONTOS:LOBO FEROZ E COCORICO.PODEDES ATOPAR OS VÍDEOS EN YOUTUBE,PERO AQUÍ VOLOS DEIXO,PARA MÁIS COMODIDADE.

miércoles, 23 de marzo de 2011

BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA DA AULA É UN LUGAR DE ENCONTRO,DE SAÚDO,DE CHARLA,DE DESCANSO,E,POR SUPOSTO,O LUGAR ÓNDE ATOPAMOS OS CONTOS E LIBROS QUE FAN QUE DESCUBRAMOS O MUNDO E A FANTASÍA ,AO TEMPO QUE ATOPAMOS O PLACER DA LECTURA.
NESTE PEQUENO ESPACIO DEBEMOS TER EN CONTA UNHAS NORMAS,NON SÓ RELACIONADAS CO BO USO DOS LIBROS,SENÓN TAMÉN COA ORDE,O SILENCIO E O RESPECTO AOS DEMÁIS.
ISTO NON SEMPRE É FÁCIL,PERO IMOS CONSEGUINDO PEQUENOS AVANCES.



FACENDO TRABALLO INDIVIDUAL

TRABALLAMOS NA MESA OBSERVANDO FOTOS, PARA INTERPRETAR OS SENTIMENTOS QUE PODEMOS APRECIAR  A TRAVÉS DOS ACENOS DA CARA.ASOCIÁMOLOS A "EMOTICONOS",QUE PEGAMOS ENRIBA DE CADA UNHA.

lunes, 14 de marzo de 2011

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO

COMEZAMOS UN NOVO CONTO,
BASEADO NUN CONTO ORIXINAL DA COSTA DE MARFIL,PRESÉNTASE UNHA PARÁBOLA SOBRE A MENTIRA.
UN ENCONTRO DESAFORTUNADO ENTRE A LEBRE E A HIENA,DARÁ LUGAR A UNHA APOSTA MOI PARTICULAR.
A MENTIRA NON PODE CONSIDERARSE UNHA EMOCIÓN,TRÁTASE ,MÁIS BEN,DUNHA CONDUTA QUE NON RESPECTA NORMAS,NIN DEREITOS.OS NENOS ACOSTUMAN A MENTIR COMO RESULTADO DUN SENTIMENTO DE FRUSTRACIÓN,O QUE PROVOCA NOS DEMÁIS SENTIMENTOS NEGATIVOS.
AO LONGO DESTES DÍAS,DESCUBRIREMOS QUE COUSAS LLES FAN SENTIR DOR,E QUE SENTEN ANTE AS MENTIRAS.

martes, 1 de marzo de 2011

ENTROIDO NA MAIA

NO COLE TAMÉN CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO.NA SEMANA DO 28 DE FEBREIRO AO 4 DE MARZO,O MECO MANDOUNOS:
O LUNS,ADORNAR A CABEZA.
O MARTES,ADORNAR A CARA.
O MÉRCORES,ADORNAR O PESCOZO.
O XOVES,ADORNAR O CORPO.
O VENRES,TRAER DA CASA O DISFRAZ ESCOLLIDO,E PASALO MOI,MOI BEN!.

AO LONGO DA SEMANA ,FAREMOS ACTIVIDADES DIVERTIDAS:
O LUNS-ELABORACIÓN DUNHA CARETA.
O MARTES-OBRADOIRO DE DISFRACES(CON TELAS E COMPLEMENTOS).
O MÉRCORES-OBRADOIRO DE MAQUILLAXE.
O XOVES-ELABORACIÓN DUN ANTIFACE.
O VENRES-ANTROIDADA E DEGUSTACIÓN DE POSTRES.
ASÍ DE BEN ESTÁMOLO A PASAR COS DISFRACES..

O ENTROIDO.

O ENTROIDO É FESTEXADO EN TODA EUROPA DENDE TEMPOS REMOTOS,SEN SABERSE MOI BEN A SÚA ORIXE.PROBABLEMENTE ERA UNHA DESPEDIDA DOS DUROS DÍAS DO INVERNO,MESTURADA COA TRADICIÓN RELIXIOSA CRISTIÁ, DO PERÍODO ANTERIOR Á CORESMA.
OS TERMOS CARNAVAL E ENTROIDO OU ANTROIDO,VEÑEN DAS PALABRAS"CARNE VALE"(ADEUS Á CARNE) E "INTROITUM"(ENTRADA DA CORESMA).
EN GALICIA CELÉBRASE DENDE SEMPRE,EXISTINDO UNHA FONDA TRADICIÓN NAS PROVINCIAS DE OURENSE E LUGO.
MOI COÑECIDOS NESTES LUGARES SON:OS" CIGARRÓNS"(VERÍN),AS "PANTALLAS"(XINZO DA LIMIA),OS"PELIQUEIROS"(LAZA),E OS "XENERAIS" E "CORREOS",DO ULLA.
OS DISFRACES SON MOI VARIADOS,E SIMBOLIZAN O MUNDO DO REVÉS,ÓNDE TODO ESTÁ PERMITIDO.

NESTAS DATAS,CÓMESE E BÉBESE ATA FARTAR,ENTRE OS PRODUTOS TÍPICOS,ESTÁN:A CACHUCHA,CHOURIZO,LACÓN..E DOCES COMO:ORELLAS E FILLOAS.