jueves, 22 de diciembre de 2011

E CHEGOU PAPÁ NOEL

POIS SI,PAPÁ NOEL VEU AO COLE DE VISITA E AGASALLOUNOS CON CARAMELOS E ESCOITOU AS NOSAS PETICIÓNS DOS REGALOS(DESPOIS DE ASEGURARLLE QUE FOMOS MOI,MOI BOIÑOS).HOUBO ALGUÉN QUE LLE EXPLICOU ÓNDE VAI PASAR AS VACACIÓNS...NON VAIA SER QUE NON PASE POR ALÍ...





 

ANIVERSARIOS

ESTE MES CUMPLIRON ANOS XABI E XABIER! E COMO SEMPRE ,FESTEXÁMOLO CON BISCOITO E CHUCHES!.
PARABÉNS! .

PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

REMATAMOS XA O NOSO MURAL DA PIRÁMIDE NUTRICIONAL E TEMOS MOI CLARO CALES SON OS ALIMENTOS QUE PROPORCIONAN ENERXÍA AO CORPO,CALES SON BÓS PARA OS ÓSOS,CALES FAN MEDRAR E ALIMENTAN OS MÚSCULOS..EN FIN,SÓ FALTA POÑER EN PRÁCTICA ESTES COÑECEMENTOS PARA APRENDER A COIDARNOS E CONTRIBUIR A MELLORAR A  NOSA SAÚDE.
O PROBLEMA É QUE XA ESTÁN AÍ AS FESTAS DE NADAL,E OS BÓS PROPÓSITOS QUEDAN OLVIDADOS,PERO PARA ISO SON OS DÍAS ESPECIAIS!.
FIXEMOS ALGUNHAS FOTOS MENTRES COMPLETABAMOS A NOSA PIRÁMIDE.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

TODO NATURAL

ESTAMOS APRENDENDO UNHA CANCIÓN DO GRUPO :"MAMÁ CABRA",TODO NATURAL,QUE,COMO O SEU NOME INDICA,FALA DA IMPORTANCIA DUNHA ALIMENTACIÓN SAN,CON UN BÓ RITMO DE FONDO,SEGURO QUE NOS ANIMAMOS A COMER DE TODO!.


ANIVERSARIOS

CELEBRAMOS OS CUMPREANOS DE PAULA E XOSÉ,QUE ESTREAN CATRO ANIÑOS!.
COMA SEMPRE,FIXEMOS UNHA PEQUENA FESTA ÓNDE NON FALTARON,NIN BISCOITO,NIN CHUCHES ...E TAMPOUCO MÚSICA PARA BAILAR.PARABÉNS!.



 

domingo, 27 de noviembre de 2011

RECOLLENDO FOLLAS

ESTIVEMOS RECOLLENDO FOLLAS DO PARQUE PARA SECAR E PRENSAR E PODER UTILIZALAS PARA TRABALLOS DE PLÁSTICA.
FIXEMOS CORTINAS PEGANDO AS FOLLAS SOBRE CINTA ADHESIVA,MOI SINXELO E CUN RESULTADO MOI BONITO.

martes, 15 de noviembre de 2011

"LLEGÓ EL OTOÑO"

DEIXOVOS UN VIDEO QUE ESTIVEMOS A VER ESTES DÍAS,E QUE ME PEDIRON QUE SUBIRA PARA PODER VELO NA CASA.





ESTIVERON MOI ATENTOS AOS VIOLINS ,QUE MARCAN OS DISTINTOS MOMENTOS.

lunes, 14 de noviembre de 2011

LAURA E COMPAÑÍA COMEN SAN.

LAURA E OS SEUS AMIGOS FANNOS VER O FACIL QUE É MEDRAR E POÑERSE FORTES COMENDO ADECUADAMENTE.


ESTE CONTO, A TRAVÉS DE RIMAS,INTRODUCE OS BÓS HÁBITOS ALIMENTARIOS.
FALAMOS DOS DISTINTOS GRUPOS DE ALIMENTOS E DE COMO INCIDEN NA NÓSA SAÚDE.
ESTAMOS A RECOLLER FOTOS PARA ELABORAR UNHA PIRÁMIDE DE ALIMENTOS E APRENDER CALES SON OS QUE MÁIS NOS BENEFICIAN E DE CALES PODEMOS PRESCINDIR .
SE TEDES TEMPO PODEDES BUSCAR CON ELES ALGÚNS ALIMENTOS PARA RECORTAR  DAS REVISTAS ,CATÁLOGOS DO SÚPER..E TRAELOS Á AULA PARA O NOSO MURAL.

ÁRBORES E MÁIS ÁRBORES..

OBSERVAMOS AS ARBORES E A NATUREZA NO OUTONO E COLLEMOS FOLLAS DO PATIO PARA ELABORAR ADORNOS PARA A AULA.CADA UN TEN O SEU XEITO DE VER AS ÁRBORES QUE NOS RODEAN E DE INTERPRETAR A NATUREZA.
ACOMPAÑÁMONOS DA MÚSICA DE VIVALDI-O OUTONO-QUE ESTIVEMOS A ESCOITAR ESTES DÍAS.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

SAMAÍN

UN ANO MÁIS,FALAMOS DO SAMAÍN E FACEMOS CABAZAS,VAMPIROS E PANTASMAS...POR RIRNOS UN POUCO DO MEDO.

CATARINA,O OSO E PEDRO

COÑECIMOS UNHA NOVA AVENTURA DE CATARINA E O OSO,DESTA VOLTA,ACOMPAÑADOS POLO SEU CURMÁN PEDRO.
NESTE CONTO ÁBRESELLE UNHA PORTA ÁS BARREIRAS.A DISCAPACIDADE DE PEDRO NON CONTA PARA OS TRES AMIGOS QUE BRINCAN,NADAN ,RODAN E PÉRDENSE NUN MUNDO CHEO DE EXPERIENCIAS MARABILLOSAS .
O CONTO ANIMOUNOS A FALAR DAS DIFICULTADES COAS QUE NOS ATOPAMOS ANTE UNHA DISCAPACIDADE FÍSICA,SEXA ESTA TEMPORAL OU NON, E DE COMO PODEN SUPERARSE.

ANIVERSARIO

O VENRES CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE MANUEL.INVITOUNOS A CARAMELOS E A BISCOITO...E COMÍMOLO TODIÑO PORQUE ESTABA MOI RICO!.
GRAZAS MANUEL,E PARABÉNS!.


 

sábado, 22 de octubre de 2011

OBRADOIRO DE COCIÑA:MACEDONIA DE FROITAS

O VENRES TOCOU COCIÑAR!..GRAZAS POR ENVIAR A FROITA COA QUE ELABORAMOS UNHA DELICIOSA MACEDONIA.A VERDADE É QUE SE MANEXARON MOI BEN COS MATERIAIS DE COCIÑA!.NON DOU TEMPO A FACER AS BROCHETAS...OUTRA VEZ SERÁ...

ESTE É O VÍDEO DO NOSO OBRADOIRO.

DONDE VIVEN LOS MONSTRUOS

DESCUBRIMOS O CONTO DE MAURICE SENDAK,ESCRITO EN 1963,QUE NARRA A HISTORIA DUN NENO REBELDE QUE,DESPOIS DE SER CASTIGADO,VIAXA AO PAIS DOS MONSTRUOS,ÓNDE O NOMEAN REI.

ESTE FAMOSO LIBRO AXUDA A DIFERENCIAR A REALIDADE DA FANTASÍA A TRAVÉS DA HISTORIA DE MAX,ADEMÁIS DE DESMITIFICAR O MEDO .

OS NENOS PEDÍRONME QUE O SUBIRA AO BLOG PARA PODER VELO.DISFRUTÁDEO!.

viernes, 21 de octubre de 2011

MANTEIS

FIXEMOS UNS MANTEIS COMO ACTIVIDADE DE PLASTICA CREATIVA,UTILIZANDO CARTULINAS PAPEL CHAROL E CELOFÁN E TUBOS DE PURPURINA(O CAL É SEMPRE UNHA FESTA!).
O RESULTADO:UNS TRABALLOS FERMOSOS E CREATIVOS DIGNOS DOS MELLORES ARTISTAS PLÁSTICOS.
UNHA VEZ SECA A PURPURINA,PLASTIFIQUEINOS ,E XA TEMOS MANTELIÑOS INDIVIDUAIS PARA AS NOSAS MERENDAS.

jueves, 6 de octubre de 2011

PARABÉNS!

PRIMEIRA FESTA DE CUMPREANOS!A DE ALBA MARTÍNEZ E JULIA.PARABÉNS ÁS DÚAS POLOS VOSOS CATRO ANOS DE VIDA!.

MOSAICO

ESTIVEMOS FACENDO DIFERENTES TRAZOS CON CORES CON DIFERENTES MOTIVOS.
O RESULTADO FOI UN MOSAICO FEITO CON TODOS OS CADROS QUE ELABORAMOS E QUEDÓU CHULO!








O POLO PEPE

A PRIMEIRA CANCIÓN QUE APRENDIMOS ESTE CURSO,FALA DUN POLO QUE COME MOITO,PERO MOITO,E ESTÁ GRANDE E GORDO.O POLO PEPE INTRODÚCENOS NO EIXO DE TRABALLO DO NOVO CURSO,QUE SERÁ: "MEDRANDO SANS,HÁBITOS SAUDABLES".
ATOPAMOS ESTE SIMPÁTICO VÍDEO QUE NOS SUXERIU ALGUNHAS ACTIVIDADES.

BENVIDOS!

OLA A TODOS DE NOVO!
NO NOVO CURSO QUE COMEZA,ESTIVEMOS RECORDANDO AS VACACIÓNS,VENDO FOTOS,COMPARTINDO EXPERIENCIAS E ANÉCDOTAS.GRAZAS POLAS FOTOS ENVIADAS,COAS QUE FIXEMOS UN PEQUENO MURAL.

domingo, 19 de junio de 2011

CONTACONTOS

CONTINUANDO COA ESPERIENCIA INICIADA O CURSO PASADO ,O XOVES,VARIOS ALUMNOS DE PRIMARIA VIÑERON Á AULA A LERNOS UN FERMOSO CONTO TITULADO:"AVÓS".














martes, 7 de junio de 2011

METÁFORAS VISUAIS

DESCUBRIMOS AS METÁFORAS VISUAIS A PARTIR DO LIBRO DOS PORCOS.
AS METÁFORAS VISUAIS SON RECURSOS QUE A PARTIR DUNHA IMAXE,SÍMBOLO...PODEN FACILITAR A COMPRENSIÓN DUNHA IDEA.
UTILÍZANSE MOITO NA PUBLICIDADE E NÓS UTILIZAMOS AS MÁIS BÁSICAS ,QUE ELES PODEN ATOPAR FACILMENTE NOS CONTOS E NA BANDA DESEÑADA E POSIBILITAN UNHA COMPRENSIÓN RÁPIDA.
ESTAS ATOPÁMOLAS NOS CONTOS DA AULA.
NA CLASE DE JOSE ATOPARON ESTAS.



lunes, 6 de junio de 2011

O PEIXE QUE SORRÍA

UN FERMOSO CORTO ANIMADO GAÑADOR DO PREMIO BERLIN 2007,E INSPIRADO NUN LIBRO DO ESCRITOR E ILUSTRADOR TAIWANÉS JIMMY LIAO.
INVÍTANOS A REFLEXIONAR  E A VER  A VIDA CON OUTROS OLLOS.
ESTA É A VERSIÓN CURTA QUE VIMOS NA AULA.EN YOUTUBE TEDES O CORTO COMPLETO(A FISH WITH A SMILE).

UN SOÑO NA BANDEXA





A ESCRITORA MARINÉ LORENZO ESTIVO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO PARA PRESENTAR O SEU CONTO:"UN SOÑO NA BANDEXA".CHEGOU ACOMPAÑADA DO ILUSTRADOR JORGE VÁZQUEZ QUE REALIZOU ALGÚNS DOS DEBUXOS DO LIBRO.ASINARON EXEMPLARES DAS NENAS E NENOS QUE OS LEVARON DA CASA.